Actividades extraescolares - Actividades

Unha agradable sorpresa para despedir o primeiro trimestre de Fútbol sala

Durante a última semana de clase do ano 2017, os nosos nenos e nenas da actividade de Fútbol sala recibiron unha visita moi especial.

Cristian Muiños Saavedra, máis coñecido como “ Chapu”, visitou o colexio no que estudou toda a súa vida e ao que visita sempre que lle resulta posible. Actualmente está a xogar na primeira división da liga portuguesa no Burinhosa. Previamente xogou en equipos como o Viseu (equipo co que quedou ás portas do ascenso a primeira división) ou o Ventorrillo.

Chapu conversou e respondeu a todas as preguntas que os alumnos lle formulaban. Entre moitas cousas, resaltou a importancia do esforzo e a constancia, ademais de destacar que o máis importante son os estudos xa que a vida deportiva é relativamente curta.

Tras isto, todos puidemos gozar dos seus dotes futbolísticos co balón.