Actividades extraescolares - Actividades

Comezou o XXXVII Trofeo Calasanz de fútbol sala.

25/11/2017

Os nenos e nenas do Fogar representarán ao seu centro no torneo de futbito tal e como vén sendo habitual nos últimos anos.

Un ano máis o Fogar comeza a súa andaina nas competicións escolares e faino medrando xa que este ano conseguiu apuntar aos seus equipos en todas as categorías do torneo, é dicir, un total de 7 equipos.

Nesta 1º xornada fixeron o seu debut os equipos de Iniciación 2011, Prebenxamín, Benxamín, Prealevín e Alevín logrando 2 derrotas, 1 empate e 2 victorias. Todos os equipos xogaron moi ben e fixéronnos gozar a todos. Agora só queda seguir aprendendo, disfrutando e mellorando.

Noraboa a todos!