Actividades extraescolares - Actividades

Ruta de Sendeirismo a Verdes

19/11/2017

O domingo 19 de novembro realizouse a II Ruta de Sendeirismo do curso.

Nesta ocasión 15 familias do Fogar fómonos a Verdes, un espazo natural sedutor situado na localidade do mesmo nome, Verdes, no concello de Coristanco (Costa da Morte).

Alí puidemos gozar dunha embriagadora zona que invita a perderse, a camiñar entre a natureza e pasear pola beira do río Anllóns. Nós gozamos moito.

Foi unha gran mañá entre familias!

Preme na seguinte imaxe para ver as fotografías da actividade.