Pastoral - Actividades

Peregrinación a Pastoriza. Imos de convivencia!

Prepara os pés e as ganas de pasalo ben!.

Co fin de dar a benvida a este novo curso escolar, o departamento de Pastoral do colexio, organiza para o vindeiro venres 13 de outubro, unha xornada de convivencia na que participará todo o alumnado do centro.

Esta saída farase nas etapas da ESO, Bacharelato e Formación profesional, a pé dende o colexio ata o Santuario da Virxe de Pastoriza pasando polo Portiño, Praia de Bens e Borroa. As demais etapas educativas iranse incorporando a esta camiñada en distintos puntos do percorrido, facendo un traxecto máis acorde á súa idade.

Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, conforme a súa capacidade física, farán unha marcha intermedia. Irán en autobús ata a praia de Bens e alí incorporaranse á ruta a pé xa iniciada polos seus compañeiros maiores.

Ao chegar ao Santuario estarán esperando os máis pequenos para facer todos xuntos unha oración.  Tras desfrutar de este momento farase unha foto de grupo para que permaneza nas nosas retinas tan belo recordo. Seguidamente, comezará unha camiñada de 1,3 km que rematará no Parque de Monticaño, onde procederase ao xantar e posteriormente a facer xogos variados segundo as idades.

Tras esta marabillosa xornada voltarase ao colexio poñendo fin á peregrinación.

O obxectivo da actividade é fomentar o respecto e coidado da natureza, a vida saudable, o compañerismo entre a familia do Fogar, o coñecemento da entorna da cidade así como de tradicións como é a peregrinación a Pastoriza.

Aquí podes ver un pequeno trailer  do marabilloso día (cando recopilemos todas as fotos, veredes o film final!)

 

Premede na imaxe para ver a galería de fotos

Recomendacións para a peregrinación

  • Leva un gorro para tapar a cabeza, hai previsión de bo tempo e sol
  • Trae crema solar botada para evitar queimaduras e se é preciso lévaa na mochila para repoñer máis tarde
  • Unha botella de auga para facer o camiño
  • Calzado cómodo para andar (uniforme deportivo ata 3º ESO)
  • Un ágape para media mañá e a comida para xantar
  • Ganas de pasalo ben e desfrutar cos compañeiros do colexio