Titorías de 2º Bacharelato - Actividades

Prácticas de identificación de biomoléculas (glícidos, graxas, proteínas) e as súas propiedades

Laboratorio
Febreiro de 2017

Prácticas de laboratorio

Os estudantes de 2º Bacharelato durante as tardes do mes de febreiro realizaron as prácticas correspondentes ó apartado de biomoléculas. En ditas prácticas poideron identificar azúcares con capacidade reductora para o que recurriron á reacción de Feehling. Partiron dun monosacárido (glicosa), un disacárido (sacarosa) e un polisacárido (amidón). Tamén identificaron os lípidos presentes na leite, para o que empregaron a tinguidura con Sudán III, empregando como control aceite de oliva. Tamén a partires de clara de ovo e leite identificóuse a presenza de proteínas coa proba Biuret. Tamén se estudóu a presenza de amidón en distintos alimentos (mazá, palomitas de millo, macarróns, pan, galletas, guisantes, salchichas, peituga de pavo e xamón york). Para iso empregouse tinguidura de iodo (Lugol) para tinguir o amidón e os resultados fueron sorprendentes nalgún caso pois descubriron a presenza de amidón en productos como as salchichas de distintas marcas, no xamón york y na peituga de pavo. Foron unhas tardes de prácticas moi proveitosas e divertidas.

Preme na imaxe para ver máis fotos