Orientación - Actividades

Recibimos ó inverno nos talleres de Estimulación da Linguaxe Oral e Prevención de Dificultades da Lectoescritura

Recibimos ó inverno nos talleres de Estimulación da Linguaxe Oral e Prevención de Dificultades da Lectoescritura

Practicamos o sopro co noso amigo Nevado.

Chegou o inverno! Pero non veu só... O noso amigo Nevado tróuxonos unha fermosa sorpresa.

Para practicar a forza e dirección do sopro así como a motricidade e prensión dos beizos, fixemos voar bolas neve fabricadas con materiais caseiros. Tamén contamos contos e aprendemos vocabulario novo.

O obxectivo dos nosos talleres e apoiar a adquisición e o desenvolvemento do proceso lectoescritor, reforzando as aprendizaxes que van facendo as nenas e nenos na aula así como, traballando os prerrequisitos necesarios para adquirir este proceso de forma satisfactoria: discriminación auditiva de sons cotiáns, de sons correspondentes as grafías que van traballando, sopro, respiración, motricidade, lateralidade, conciencia de sílaba, conciencia de palabra…