Orientación - Actividades

Misteriosa visita nos talleres de Estimulación da Linguaxe Oral e Prevención da Lectoescritura

Misteriosa visita nos talleres de Estimulación da Linguaxe Oral e Prevención da Lectoescritura

Os nosos pequenos disfrutan da visita do Grinch. 

 

Antes das vacacións de Nadal, tivemos unha misteriosa visita...

O Grinch veu onda os máis pequenos para amosarlles unha importante mensaxe sobre o Nadal: “Maybe Christmas," he thought, "doesn't come from a store. Maybe Christmas...perhaps...means a little bit more?" ("Ao mellor o Nadal", pensou, "non ven das tendas; Ao mellor o Nadal, posiblemente, significa algo máis”). 

Cunha fermosa representación teatral, fixo as delicias dos rapaces e rapazas, que, con moita curiosidade, descubriron quén é este personaxe e o significado da súa mensaxe.