Principal - Noticias

Comeza 21 Días En Galego 2019

thumbnail.jpg

Chega, un novo ano, 21 Días En Galego ao Fogar de Santa Margarida.

Esta iniciativa encheunos de alegrías nos últimos dous anos: premio «Investigación sobre a nosa fala» da Asociación Xermolos, colaboración no programa «O coruñés opina» da Cadea Ser ou recoñecemento oficial da Real Academia Galega

Este ano, a Secretaría Xeral de Política Lingüística decidiu usar a nosa experiencia para botar a andar o proxecto chamado «21 Días co galego e máis»no que participaron centros das catro provincias galegas.

Máis, sobre todo, o que pretende 21 Días En Galego é que os rapaces se aproximen ao galego falándoo durante 3 semanas e reflexionando sobre a realidade do idioma. Eses 21 días, se cadra, serán só o punto de partida.