Principal - Noticias

Premio para «21 DÍAS EN GALEGO»

Unha magnífica nova! 

O esforzo realizado o curso pasado na actividade «21 DÍAS EN GALEGO» tivo unha merecida recompensa cun recoñecemento inesperado: o premio á «Investigación sobre a nosa fala» outorgado pola Asociación Xermolos a todos e cada un dos rapaces de 3º ESO participantes na experiencia: Eva Castro, Miguel Fornís, Antía García, Nerea Gende, Lía L. Pombo, Masiell de Matos, Andrés Molinelli, Marta Obarrio, Diego Oreona, Alejandro Ramos, Ánder Renedo e Carlota Vázquez. 
 
Igualmente obtivo un galardón o noso compañeiro de Bacharelato Diego Pampín na categoría de «vídeo-documental» pola edición do vídeo que resumiu eses «21 DÍAS EN GALEGO» e que podedes ver aquí.
 
A entrega dos premios tivo lugar o pasado 6 de agosto no Festival de Pardiñas (Guitiriz). Acudiron moitos dos rapaces coas súas familias e alí gozaron, tamén, do bo ambiente do Festival.
 
 
Un agradecemento especial para todos eles! O premio anima a repetir a experiencia este novo curso.