Principal - Noticias

Excelencia Educativa no Fogar

Estamos de celebración! O noso colexio, o Fogar de Santa Margarida, vén de recibir o "Premio Galicia á Excelencia Educativa", como recoñecemento á súa longa traxectoria.

Salientouse especialmente o esforzo constante do noso centro pola formación integral do alumnado, pola educación en valores, pola inclusión social e pola innovación pedagóxica.

O galardón foi entregado polo Director Xeral de Educación e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, durante a XVI Xornada da CECE-Galicia celebrada o pasado sábado 27 de maio na Cidade da Cultura de Santiago.

Unha magnífica nova para toda a comunidade educativa do Fogar, que este ano celebra o seu 90 aniversario!

Preme na imaxe para ver máis fotos da entrega do premio