Principal - Noticias

Acto de Graduación promoción 2003 - 2018

Ata sempre! Este segue a ser voso Fogar!

O pasado venres, 25 de maio, celebramos a graduación dos alumnos que este ano cursaron 2º de bacharelato. O acto comezou ás 19’00 horas no salón de actos-capela do noso colexio. Asistiron moitos familiares, profesores, amigos,...

En primeiro lugar, escoitamos as palabras dos representantes dos alumnos graduados: Mauro Mariñas, Lucía Sánchez e Cristina Mouriño.  Fixeron un discurso ben medido, cheo de sinceridade e agarimo. Non esqueceremos as suas palabras:

“Bienvenidos a nuestra casa, este lugar en el que hace 15 años nos dejasteis por primera vez con lágrimas en los ojos, empezando nuestra primera aventura…Entonces, ¿qué tendrán estos edificios viejos para que las lágrimas que aparecieron al iniciar la aventura, emerjan de nuevo hoy cuando todo esto se acaba, 15 años después? Quizás sea magia del Hogar, la magia de sentirnos como en casa”

Logo, chegou o momento musical. Icía Varela e Nerea Lago fixeron unha sobresaínte interpretación de “Que cuando me vaya” (Melocos), acompañadas a guitarra por Xulián. Para rematar a intervención dos alumnos, proxectouse un vídeo conmemorativo e moi divertido do seu paso polo Fogar.

A continuación, cedéuselle a palabra á profesora Inés Sixto que deu voz  a quen os alumnos escolleran como madriña de promoción para que lles dirixira a lección de clausura deste curso, Teresa Carnota, profesora de Lingua e Literatura Española.  Foi un discurso cheo de bos consellos, que repasou as esencias do que significa  “levar impregnado o ADN do Fogar”.

Como sorpresa final antes de entregar as orlas da promoción, os alumnos recibiron un agarimoso video do profesor de Ed. Física, David Seisdedos, coa mensaxe sentida e transmitida na letra dunha canción de Vetusta Morla “El respirar”: “Te he dejado en el salón las pinturas y un papel en blanco”.

Seguidamente, Paula Gómez, no nome dos titores deste curso, chamou a cada un dos alumnos. Foron subindo todos ó escenario, para recibi-la orla da promoción e a insignia do colexio da man do xefe de estudos, Enrique Martínez, do director, Marcos Díaz, e da madriña da promoción. Despois, fixemos a oportuna oración, para agradecer a Deus todo o vivido no Fogar e para pedirlle que bendiga a nova etapa que estes rapaces comezan. O acto rematou coas palabras de despedida por parte do director, nas que non faltou o xa tradicional: “tede coidado aí fóra” (Hill Street Blues). Finalmente, todos os asistentes puideron degustar o aperitivo, preparado polo servizo de cociña do noso colexio.

Un día de festa, un día de lembranzas, un día de agradecemento, un día de abrir novos camiños, un día de Fogar.

Caminante, son tus huellas

el camino, y nada más;

caminante, no hay camino,

se hace camino al andar.