Principal - Noticias

21 Días En Galego na Cadea SER

21 DEG

21DEG segue a dar voltas. Desta vez tocounos visitar a Cadea Ser. Tivemos a sorte de ser convidados ao programa «O Coruñés Opina» un clásico da radio coruñesa, conducido por Isabel Bravo. 
 
Este domingo, o faladoiro xiraba arredor da situación da lingua galega, especialmente entre a xente nova. En nome da rapazada de 21 Días En Galego acudiron Lucía Costa (de 3º ESO) e Lía Lema e Diego Oreona (de 4º ESO). Todos tiveron a oportunidade de achegar á animada conversa as súas ideas e propostas sopre a cuestión.
 
En Achaveeomundo podedes escoitar os podcast coas dúas horas íntegras de programa.