Principal - Noticias

Graduación Bacharelato Promoción 2007-2022

O pasado venres día 22 de Maio celebramos a graduación d@s alumn@s que este ano cursaron 2º de Bachillerato coa asistencia de familiares e amigos.

Pouco a pouco imos recobrando a normalidade e, con ela, volve a posibilidade de celebrar os eventos que marcan os fitos máis importantes da nosa vida cos nosos seres queridos. 

Por ese motivo, o pasado venres, celebramos unha grande festa de graduación na que volvemos a ver os sonrisos de ledicia, e as apertas. O padriño escollido pol@s alumn@s desta promoción 2007-2022 foi David Seisdedos, profesor de Educación Física, que lles adicaba unha fermosa mensaxe inspirada na canción "Al respirar (Vetusta Morla)" :

"Deixeiche no sillón as pinturas e unha historia en branco.
Non hai principio nin final, soamente o que queiras ir
contando. E ó respirar, tenta ser quen poña o aire,
que ó inhalar che traia o mundo desta parte"

¡¡¡¡MOITA SORTE NO FUTURO E LEMBRADE QUE ESTE SEMPRE SERÁ O VOSO FOGAR!!!!!

Preme AQUÍ para ver o vídeo da graduación.