Principal - Noticias

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

Do 5 de febreiro ao 8 de marzo

Do 5 de febreiro ao 8 de marzo, abriremos as nosas portas para todas aquelas familias que, no curso 2024-2025, desexan formar parte da nosa comunidade educativa, na nova aventura que comezan os vosos fillos e fillas no 2º Ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

 
Na visita que reservedes, coñeceredes a liña pedagóxica do noso centro educativo, os servizos dispoñibles e as nosas instalacións para os vosos fillos e fillas, creados e adaptados específicamente para esta etapa educativa. Porén, recibiredes información sobre a ampla gama de actividades extraescolares que están a disposición do noso alumnado e que abranguen todo tipo de gustos e preferencias. Como poderedes ver, o Fogar é un colexio que segue medrando e mellorando día a día, por e para o noso alumnado e as nosas familias.
 
As visitas das xornadas de portas abertas fanse de forma presonalizada. Co obxectivo de que todas aquelas familias que así o desexen poidan coñecernos, concertaranse citas de luns a sábado en horarios segundo dispoñibilidade, tanto de mañá como de tarde. Poderedes solicitar a visita especificando os días e horarios que, pola vosa conciliación familiar ou laboral, vos permita a asistencia. Dita inscripción poderase facer mediante algunha destas vías:
 
  • Chamando á secretaría do colexio: 981251090
  • Enviando un correo electrónico a secretaria@fhsm.es
  • Cumplimentando e enviando o formulario dispoñible na nosa web na siguiente ligazón: FORMULARIO (clic aquí)
Como novidade, para aquelas familias que non poidan desplazarse e así o desexen, poderedes solicitar unha reunión por videoconferencia na que responderemos a tódalas aquelas preguntas que teñades sobre o noso colexio. Neste caso, adaptarémonos as vosas necesidades.
 

 

 
Non quedes sen coñecernos! Esperámoste!
 
E aos que xa nos coñecedes… Compartide esta publicación para que a nosa familia siga medrando!
 
Grazas!