Principal - Noticias

Acto de clausura de 21 DÍAS CO GALEGO E + 2020

3 de Febreiro

O luns 3 tivo lugar en todos os centros que participaron na edición deste ano de 21 DÍAS CO GALEGO E + os respectivos actos de clausura. 

No Fogar reunímonos profesores e estudantes de Secundaria no Salón de Actos para dar peche a estas tres semanas do proxecto. 
Puidemos ver o vídeo-resumo final da participación do Fogar e tamén unha mensaxe moi especial que nos enviou Fernando Vázquez, o adestrador do Deportivo da Coruña.
 

 

Ah! E a foto final! Ben bonita!
 
 
Graciñas a todos (profesorado, persoal non docente, alumnado, familias…) polo gran traballo.