Principal - Noticias

Volven as Antenas!!

antenas.jpeg

Retoma a súa actividade o Instagram oficial do programa de novas "Antenas de Información Xuvenil" do CPR Fogar de Sta. Margarida.

¡Séguenos en Instagram para enterarte de todo! https://www.instagram.com/antena.fogar.s.m/

Despois dun paréntese obrigado polo que todos sabemos... a conta de Instagram das "Antenas de Información Xuvenil" do Fogar está en marcha de novo.

Para os que non o saiban, as "Antenas" son unha rede de difusión de información de interese xuvenil en centros educativos da cidade da Coruña.

No noso centro, as antenas serán as vosas compañeiras Candela e Aitana de 4º da ESO, que se encargarán de:

  • Estar en comunicación permanente cos Espazos de Información Xuvenil
  • Manter o espazo informativo e as canles dixitais de información actualizadas semanalmente
  • Difundir información de interese xuvenil a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, compañeiras/os de centro educativo, etc...
  • Animar as/os compañeiras/os a participar da información e achegar inquietudes, intereses, ideas ou suxestións.

Así que, xa sabedes! Se queredes estar ó tanto de información moi interesante para a xente xove, soamente tendes que seguir a conta de instagram: https://www.instagram.com/antena.fogar.s.m/

Ánimo e moitas grazas a Candela e Aitana!!!