Principal - Noticias

O fogar na neve 2017

23/01/2017

Un ano máis os alumno de 3º ESO viaxaron a Andorra en busca da neve.

Como vén sendo tradición os alumnos de 3ºESO realizaron a súa viaxe de fin de curso a unha estación de esquí. Nos últimos anos esta viaxe faise a Andorra, onde as instalacións e a cantidade e calidade da neve son inmellorables. A viaxe realizouse desde o 14 de xaneiro ao 21 e coincidiu cunha nevada que facía 10 anos que non caía sobre Andorra. Así que tiveron neve e diversión desde o primeiro día.

O obxectivo da viaxe é iniciarse no esquí e coñecer un pais que vive por e para a neve. Todos coñeceron Andorra, pero algun@ quedou sen iniciarse no esquí por culpa dunha mala caída. Preme na imaxe para ver máis fotografías da viaxe.