Principal - Noticias

Así se usa «A CAIXA DE FALAR»

28 de Xaneiro

Alba, Raúl e Lois, alumnos de 3º de Primaria, explican como usarmos a «CAIXA DE FALAR», un enredo moi sinxelo para que pequenos e maiores se animen a falar en galego, ben respondendo unhas preguntas, ben resolvendo unhas adiviñas, ben recitando uns trabalinguas. 

O xogo estivo estes días nun patio interior para que xogasen os rapaces e rapazas. Desde hoxe, mércores, e ata que rematen os 21 DÍAS CO GALEGO E + estará na entrada principal do colexio para que todos poidan participar. Atoparédelo a carón do photocall para quen queira tamén facerse un retrato, como os famosos!
Ah! E lembrade subir esas fotos (ou vídeos) ás vosas redes sociais! 
#21diascogalegoemais