Principal - Noticias

A canteira do Dépor no 21 DÍAS CO GALEGO E +

29 de xaneiro
A canteira do Dépor tamén se suma a experiencia de 21 DÍAS CO GALEGO E +.
 
Son rapaces que viven na nosa residencia e cursan Secundaria no Fogar.
Uns son da terra (Fisterra, Silleda, Sanxenxo, Ourense…) e xa veñen co galego «de serie». 
Mais outros proceden de fóra de Galicia (Logroño, Santander, Huelva, Mallorca…) e xa están a dar os seus primeiros pasos co galego, cunha actitude libre de prexuízos. 
Parabéns a todos polo seu esforzo!