Principal - Noticias

I Día dos Fundadores

21/03/2022

O vindeiro luns 21 de marzo, celebraremos no noso centro o I Día dos Fundadores.

Como ben sabedes, o CPR Plurilingüe Fogar Santa Margarida pertence á Fundación Fogar de Santa Margarida, institución aprobada polas autoridades públicas con data do 20 de marzo de 1940.

Neste día desenvolveranse dinámicas de traballo para que o noso alumnado coñeza o nacemento da Fundación Fogar de Santa Margarida, o colexio (‘o Fogar’) como centro educativo e tamén a súa evolución ó longo do tempo.

Para coñecer mellor a historia da Fundación Fogar de Santa Margarida, podes ler ESTE DOCUMENTO e ver este vídeo: