Principal - Noticias

Conferencia Xavier Verdaguer

27/02/2020

O pasado 27 de Febrero recibimos a visita de Xavier Verdaguer, unha persoa que ós 25 anos iniciou a súa carreira como emprendedor en serie, é dicir, unha persoa que emprende un novo proxecto tras outro dende entón, e tamén dedica parte do seu tempo a animar á xuventude para que tamén sexan emprendedores.

Xavier fíxonos un oco na súa apretada axenda aproveitando súa visita á nosa cidade con motivo da súa participación na entrega do Premio Fundación Princesa de Girona, á que asistiron a raíña Letizia, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo e o vicepresidente do goberno Pablo Iglesias, entre outros.

Durante a charla, falou cos alumnos da súa experiencia como emprendedor de proxectos de diversa natureza e animounos a participar na iniciativa Audi Creativity Challenge (www.audicrea.com).