Bacharelato

O Bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á educación superior.

Poderán acceder aos estudos de Bacharelato os alumnos e as alumnas que estean en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

O Bacharelato abrangue dous cursos, desenvolverase en modalidades diferentes e organizarase de modo flexible, coa finalidade de que poida ofrecer unha preparación especializada ao alumnado acorde coas súas perspectivas e os seus intereses de formación ou permita a incorporación á vida activa logo de finalizado este.

As ensinanzas estrutúranse en materias que, á súa vez, se organizan en troncais, específicas e de libre configuración autonómica.

Os itinerarios formativos de 1º Bacharelato e 2º Bacharelato ofrecidos para o curso escolar 2020-2021 son os seguintes:

Itinerarios
Bacharelato
1º Bacharelato 2º Bacharelato