Celebración litúrxica

  • Oración: Fomentámo-la dimensión orante da persoa crente. Procuramos manter nos rapaces o hábito dun xeito sinxelo, integrador da vida e positivo de facer oración. Os venres pola tarde-noite mantemos un espazo de oración xuvenil mensual. En momentos sinalados, preparamos celebracións especias na capela. Destacan, neste eido, as ofrendas ó Belén Vivente no Nadal.
  • Celebracións sacramentais: Uns poucos días no ano, xuntámonos para celebra-la nosa fe. Marcámo-los tempos fortes (Advento-Nadal, Coresma-Pascua) e procuramos participar dos sacramentos da Reconciliación e da Eucaristía.