Formación na fe

  • Ensinanza Relixiosa Escolar: A materia de "Relixión e Moral Católica", presente en tódolos cursos segundo a lexislación vixente, proporciona formación relixiosa académica aos alumnos.
  • Titorías de pastoral: O equipo de pastoral presta apoio ós titores para elaborar algunhas sesións de titoría, de xeito que os alumnos reciban formación en valores cristiáns.
  • Contidos transversais: O equipo de pastoral asesora a calquera profesor do centro, que o solicite, sobre os temas das súas materias que entran en diálogo crítico fe-cultura; de xeito que saiba explicar positivamente a posición eclesial.
  • Catequese infantil: Seguindo o modelo de catequese familiar, os xoves de 5 a 6 preparamos ós rapaces de 2º e 3º de Primaria para recibir na súa comunidade parroquial os sacramentos da Reconciliación e da Eucaristía.
  • Catequese xuvenil: Incorporamos ós rapaces de bacharelato ó proceso de catequese para recibir na parroquia o sacramento da Confirmación.
  • Formación pastoral: Procuramos manter unha formación actualizada dos axentes de pastoral do noso centro.