top
logo
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)

AMPA


feed-image Feed Entries

Home
Benvidos á portada
Novidades académicas PDF Imprimir Correo-e

 

Fechas exames e tarefas.

PREMIOS FUNDACIÓN HOGAR SANTA MARGARITA

Recentemente, o proxecto que estamos a realizar para a ampliación dos patios no noso Colexio, resultou gañador no programa TERRITORIOS SOLIDARIOS da entidade BBVA. O noso proxecto, por institución, importancia e transcendencia, foi seleccionado como gañador de entre máis de 200 proxectos presentados en toda España.
O devandito recoñecemento por parte desta entidade de primeiro nivel, non fai máis que premiar o noso esforzo e o desta Fundación por cumprir cos obxectivos que marcan a historia da súa traxectoria.
Dende aquí, queremos agradecer a todas as persoas que nos axudaron a levar a cabo este proxecto e, por suposto, á entidade BBVA, á empregada que nos apadriñou e aos restantes empregados do BBVA, que foi os que nos votaron para que este proxecto resultase gañador. A todos eles, GRAZAS.

 

Neste curso académico, poñemos a disposición do noso alumnado recursos académicos das diferentes materias, creadas polos nosos profesores e que estarán sendo actualizadas constantemente para vos, para conseguir darvos apoio e material didáctico sobre o que practicar de cara aos vosos exames.

Ademáis disto, poderedes ver datas dos vosos controis e exames de avaliación, presentación de traballos e actividades a desenrolar, para estar completamente informados das datas que marcan o voso curso escolar.

 
Novidades Fundación Fogar Santa Margarida PDF Imprimir Correo-e

Todos os pais que sexades socios da Fundación Fogar Santa Margarita, poderedes consultar as ofertas e promocións que as empresas que colaboran coa nosa Fundación realizan ós nosos socios no seguinte enlace.

Empresas amigas da Fundación

 
Novidades de interese curso escolar 2012-2013 PDF Imprimir Correo-e

Para toda a información do curso escolar 2012-2013, diríxase á sección "información curso escolar" no menú principal, ou faga click aquí. Poderá ver o calendario escolar, listado de libros, menú escolar do mes correspondente e iremos incorporando pouco a pouco máis contidos para facilitarlle toda a información que lle poida interesar do noso Centro Escolar.

 
Novidades Xunta de Galicia PDF Imprimir Correo-e

Dende os seguintes enlaces facilitámoslle o acceso directo aos diferentes contidos e novidades que publica a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación:

- www.edu.xunta.es (contidos xerais de educación)

- www.edu.xunta.es/fp (contidos específicos de formación profesional)

- www.edu.xunta.es/web/gratuidadelibrosdetexto (becas)

 



bottom
top


© Colexio Hogar Santa Margarida | Rúa Valle Inclán 1-3 15011 A Coruña | Tlf. 981251090 | Fax 981252141 | chsm@mundo-r.com Contactar | Validar XHTML Validar CSS.

 


bottom