Titorías de 4º EPO - Actividades

Excursión a Alvarella

Excursión a Alvarella

No mes  de maio o alumnado de 4º desfrutou dunha convivencia de tres días no albergue Alvarella.

Durante estes días fixemos moitas actividades divertidas, por exemplo: unha ruta polas Fragas do Eume na que aprendimos moitas cousas sobre a natureza do lugar; fabricamos xeado caseiro e despois o comemos... estaba riquísimo! Tamén aprendimos a ser uns auténticos exploradores, pois tivemos que orientarnos polos alrededores do albergue.

Aínda que sen ningunha dúbida, o que máis nos gustou a todos foi pasar estes días con todos os nosos compañeiros e compañeiras!

Se queredes ver como de ben o pasamos, facede click na seguinte liqazón/fotos/album/ver.htm?id=324