Titorías de 4º ESO - Actividades

Imos de viaxe! Terminamos a ESO!

10 - 14 xuño

Viaxe fin de etapa

Este días o alumnado de 4º ESO está a gozar da súa viaxe fin de etapa. A máis de 1000 quilómetros de distancia están a visitar a bela cidade de Barcelona, onde poden combinar mar, arte e modernidade. Verán a Sagrada Familia, o Barrio Gótico, pasearán polas súas rúas, polas famosas Ramblas, verán o parque Güell, pero sobre todo teñen unha oportunidade excepcional para convivir cos seus compañeiros e compañeiras.

Xa nos contarán á volta, pero desde o colexio desexámoslles unha moi boa viaxe. Gozade moito que o tedes moi merecido!

Aquí temos unhas fotiños do ben que o están a pasar; unha imaxe vale máis que mil palabras!

(Preme na imaxe para ver máis)