Principal - Actividades

Xornadas de Orientación Profesional Fogar Sta. Margarida 2019

Abril 2019

Benvidos ás V Xornadas de Orientación Profesional do Fogar de Santa Margarita. A elección do itinerario formativo é un momento crave na vida de todos os alumnos, por iso consideramos fundamental un acompañamento familiar e escolar que vos permita tomar unha decisión meditada, responsable e coherente.

En palabras do noso Director Pedagóxico, Marcos Díaz Losada, pronunciadas o día da inauguración:
 
“O de hoxe é un día especial porque poucos centros da cidade poden presumir de poder celebrar o seu quinto aniversario. De feito, podería afirmar, sen temor a equivocarme, que servimos ata de inspiración a outros centros. 
E si hoxe estamos aquí, por quinto ano, é en primeiro lugar por vós, alumnos e alumnas desta casa, a moitos dos cales acompañamos case xa desde a guardería e aos que non podiamos deixar sos nun momento crucial da vosa etapa educativa, a que tarde ou cedo chega, a que nos encamiña ao mundo real, a antesala ao mundo do traballo”

Nas Xornadas deste ano quixemos ir máis aló e presentar diversas mesas temáticas coa esperanza de que todos os alumnos atopasen algo do seu interese. Temos que agradecer especialmente a presenza, totalmente desinteresada, de todos os nosos ponentes, moitos ex alumnos do Fogar, que quixeron contarnos a súa experiencia laboral, profesorado do Centro, Universidades, Ciug, Corpos de Seguridade.
 
Grazas a todos os que fixestes posible estas V Xornadas de Orientación e para terminar cunhas palabras do noso director: 
 
“…Se no 2015 preguntabamos …”Tes dúbidas? Resolve interrogantes” no 2016 diciámosvos “Mires cara onde mires, pensa non teu futuro”. No 2017 suxeriamos “Decide coa cabeza, decide co corazón” para reafirmarnos no 2018 cunha frase xa mítica de Steve Jobs, “O único modo de facer un gran traballo é amar o que fas”. Este ano optamos por outra frase emblemática , esta vez dun gran artista, Pablo Picasso “Cando chegue a inspiración, que me atope traballando”.
 
Pois queridos alumnos do Fogar, que así se cumpra o devandito por Picasso nas vosas futuras traxectorias profesionais:
 
“Cando chegue a inspiración, que vos atope traballando”.