Titorías de 1º CM Actividades Comerciais - Actividades

Ecovisita Casa Grande de Xanceda

Ecovisita Casa Grande de Xanceda

Os alumnos de 1º e 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais visitamos a granxa "A Casa Grande de Xanceda", situada nun pequeno pobo de Mesía. 

Puidemos coñecer o funcionamento interno da granxa e todo o esforzo que tiveron que realizar para lograr situarse no mercado da venda de produtos ecolóxicos. En primeiro lugar, presentáronnos un pouco a historia da granxa e como chegou a ser o que é hoxe en día. Despois visitamos a granxa e estivemos en contacto cos seus animais, ata lles puidemos dar o biberón aos becerriños. A continuación, visitamos o lugar onde se ordeñan as vacas e sorprendeunos todo o seu proceso de mecanización. Tamén nos explicaron como elaboran os seus iogures e os seus principais produtos e visitamos a fábrica de iogures. Para terminar invitáronnos a unha degustación dos seus produtos e visitamos a ecotenda. ¡Encantounos a visita e ademais aprendemos moitísimo!  Se queres ver máis fotos prema aquí.

Galería de fotos