Titorías de 2º CM Actividades Comerciais (2017 - 2018) - Actividades

Por un Nadal digno para todos/as

O alumnado de Ciclo Medio de Actividades Comerciais 2 está organizando ata o vindeiro xoves 20 de decembro unha actividade benéfica de venda de libros cuxa recadación se doará ó Banco de Alimentos Rías Altas.

O posto de venda está situado no patio cuberto ou na cafetaría do centro en horario continuado desde as 8.30 ata as 17.30 h. Contamos cun gran abano de libros. Desde coleccións de infantil ata xuvenil así como en lingua galega e castelá.
Estados todos/as convidados/as a participar nesta actividade e... non esquezades envolver o voso agasallo.

Por un Nadal digno para todos/as.

Preme aquí para acceder á galería.

O Equipo Docente do
CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida