Titorías de 4º Infantil - Actividades

Arte... no Outono

Os nenos e nenas de 3 anos  descubrimos o outono a partir do arte

ARTE… NO OUTONO!!

Ola! Esta vez ímosvos ensinar como xurdiu o noso derradeiro proxecto.

Un día, ao entrar na aula, atopámonos moitas follas secas no chan…Que pasou? Por que hai follas?

Estamos no OUTONO!!!

Deste xeito iniciamos o noso proxecto. Todos trouxemos á aula cousas do outono (follas ,froitos, castañas, ourizos…)

Preguntámonos… que podemos facer con todo isto? Podemos… Facer un cadro! A pintar!

Somos pintores por un día.

Cos cadros descubrimos y describimos as cores do outono.

Tamén usamos noces e castañas para facer esculturas.

Somos escultores!!

Ademais… convertémonos en cociñeiros facendo brochetas con froitas do outono(uvas,peras,mazás emandarinas)que merendamos ese día pola tarde. Deste xeito, diferenciamos os froitos secos dos carnosos e fixemos de escultores e cociñeiros.

Amerendar!!

Tamén fomos músicos porque aprendimos unha canción do outono onde expresamos a caída das follas.

E por último, tamén nos convertemos en verdadeiros actores e actrices representando a historia do conto “A árbore que non tiña follas” Un OSCAR para todos!!! Saíu xenial!!

Aquí podedes ver o guapos e guapas que estabamos o día da función e como non, o  noso escenario de fondo decorámolo cun mural do outono que fixemos entre todos.

En resumo, coas artes escénicas fomos actrices, actores, cantantes e sentimos a caída das follas das árbores e os fenómenos atmosféricos do outono.

Non vos perdades a próxima entrada á web do cole e ao noso blog que promete ser sorprendente.

Ata pronto!