Pastoral - Actividades

Operación kilo

Decembro 2017

Grazas, grazas e grazas…

A asociación BoaNoite quere agradecer a vosa xenerosidade e colaboración na Operación Kilo que levamos a cabo no colexio este Nadal.

Estamos moi orgullosos do noso alumnado, sempre tan comprometido e cooperador. Hoxe foi unha desas mañás “especiais” nas que todos arrimámolo ombreiro.

Levamos á asociación os alimentos, alí acolléronnos e nos invitaron a facer unha visita polas instalacións. Houbo tempo de charla, de risas e de cantar unha panxoliña, ainda do que non nos imos esquecer son deses testimonios, que de primeira man, nos foron contando a súa situación, a súa historia e as súas necesidades. Por isto e por moito máis, GRAZAS.

Se queres coñecer un pouco máis sobre BoaNoite podes visitar o seguinte enlace e para ver unhas imaxes desta entrega preme na foto.