Celebramos todos xuntos o noso aniversario
Ola familias!
Xa estamos de volta e facémolo cunha nova xenial... Fixemos unha gran festa nas nosas aulas!
Celebramos todos xuntos o noso aniversario!
Os Jesusitos, os Iriños e os Natalitos celebramos todos xuntos que xa temos 3 aniños!
Os Cristinitos, os Lolitos e os Mariachis que xa temos 4 aniños!
E os Puritos, os Gemitos e os Caritos que xa temos 5 aniños!
Por suposto, para tal acontecemento, non podía faltar a tarta e o biscoito para soprar as velas e celebralo todos xuntos cunha boa "merendola".
Pero non cunha tarta calquera non, unha feita por nós mesmos! Canto traballamos! Incluso fomos ao supermercado para mercar os ingredientes!