Titorías de 5º Infantil - Actividades

Palacio da Ópera

A CORUÑA
FEBREIRO 2020

UNHA VIAXE MUSICAL ARREDOR DO MUNDO!

Os nenos e nenas do Fogar Infantil visitamos o pasado mércores o Palacio da Ópera para gozar do concerto didáctico "De aquí para alá", de Lydia Botana.

 

Durante o concerto realizamos unha viaxe musical arredor do mundo; visitamos África, Brasil, Os Balcáns, Australia, Estados Unidos, Cuba, Xamaica... ata chegar a Galicia!

 

Acompañamos esta fantástica viaxe con percusión corporal e cunha mesma melodía que nos achegou a distintos xéneros musicais como o bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae...

 

Pasámolo xenial!