Principal - Actividades

Torneo de Debates

Orgullo de alumnado!

Un ano máis participando no Torneo de Debates académicos de Galicia e de que maneira!

Tras días intensos, debatendo entre Democracia ou Tecnocracia, o resultado non puido ser mellor: Pleno nos dous equipos que representaron ao colexio!

Pero máis importante que a vitoria é a experiencia persoal que están a vivir. Deixáronse empapar do verdadeiro espírito destes debates: potenciar o traballo en equipo, mellorar a expresión oral e fomentar o pensamento crítico.

Claro que todo isto non fose posible sen a entrega incondicional das profesoras Carolina Gabín e Marta Felpete. Grazas por todo o traballo que realizastes cos nosos alumn@s. E grazas tamén á Fundación Barrié por ofrecernos a posibilidade de vivir esta gran experiencia educativa.