Titorías de 6º Infantil - Actividades

Así vivimos a arte na nosa cidade

A Coruña
Novembro 2020

Paseando pola nosa cidade descubrimos ...


Os Cristinitos, os Lolitos e os Mariachis comezamos este novo curso con moitas ganas, a pesares de que temos que convivir cunhas condicións socio-sanitarias que no nos axudan no noso día a día. Inda así, adaptámonos de marabilla e seguimos facendo unha morea de actividades e de proxectos coma o que vos imos ensinar.
Todo xurdiu dos cadros que creamos no recuncho de plástica; eran tan bonitos que deixaron abraiada á nosa mascota, Bee Bot. Ela enviounos un vídeo onde nos felicitaba polo noso traballo e a nosa gran adaptación, e propoñíanos seguir investigando sobre a arte, xa que cría que nós eramos uns grandes artistas.
Así foi como paseando pola nosa cidade descubriamos toda a arte que nos rodeaba: esculturas, cadros, parques, edificios, mascotas, ... e. Todas elas, facían xurdir en nós emocións bonitas que lles transmitimos ós nosos compañeiros e compañeiras. Coñecemos historias e lendas máxicas, deixamos voar a nosa imaxinación e creamos a nosa propia obra de arte con aquelo que máis nos gusta e, que temos a sorte de poder desfrutar no noso día a dia.

Así vivimos a arte na nosa cidade os Cristinitos , os Lolitos e os Mariachis.

OS CRISTINITOS 

 

OS LOLITOS 

OS MARIACHIS