Titorías de 6º Infantil - Actividades

Facendo música 6º Educación Infantil

A Coruña
Marzo 2021

Os Cristinitos, os Lolitos e os Mariachis facendo música.

Fai un tempo, os Cristinitos, os Lolitos e os Mariachis, recibimos unha carta da nosa amiga Bee Bot. Ela sempre nos anima a seguir aprendendo con ela e proponnos actividades moi interesantes e divertidas. Nesta ocasión, como lle gustou tanto o ben que o fixemos no Festival de Nadal, quixo que lle mandaramos vídeos cantando e bailando as nosas cancións favoritas. 

Foi entón cando quixemos investigar sobre a música, que é, a forma na que se crea e se a forma de lela e escribila sería igual ca dos contos que tanto nos gustan... Pouco a pouco fomos dando resposta a todas esas cuestións, aprendemos o nome das notas, onde se colocan, quen as dirixe, con que figuras se representa a súa duración, seguimos distintos ritmos e ata nos animamos a tocar unha canción

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e como nos quedou o noso libro musical interactivo.

Empregamos un fragmento do filme Sonrisas y Lágrimas (Robert Wise, 1965)”