Decide coa cabeza. Decide co corazón
Esta semana celebramos as III Xornadas de Orientación Académica e Profesional coa finalidade de prestar apoio e asesoramento no proceso de toma de decisións e contribuír á realización persoal, educativa e profesional do alumnado.
Nestas xornadas, enmarcadas no Plan de Orientación Profesional do Centro, poñemos a disposición dos nosos alumnos e alumnas información actualizada, precisa e obxectiva, tratando de dar resposta aos interrogantes e inquedanzas que habitualmente se presentan.
O lema deste ano, Decide coa cabeza, Decide co corazón, pretende resaltar a importancia de realizar a elección do itinerario formativo tendo en conta as tendencias do mercado laboral e posibilidades de traballo futuro, pero atendendo tamén ás propias fortalezas e debilidades, intereses, gustos e preferencias.
Aquí tes o programa,