Titorías de 4º Infantil - Actividades

Vacacións de Nadal!!!

A Coruña
22/12/2019

Fin do primeiro trimestre

Bo día familia!

Case sen decatarnos chegou o Nadal e con el as nosas merecidas vacacións. Xa fai algo de tres meses que comezamos a nosa aventura na escola e gustaríanos compartir con vós todas as cousa que nos aconteceron.

Desde o primeiro día ata o último tivemos tempo de xogar,rir,desfrutar...á vez que aprendemos un monton! Convertémonos nuns expertos en pavos reáis, loros e aguias grazas ao noso proxecto sobre as aves; desfrutamos da maxia dos contos e descubrimos a nosa biblioteca; celebramos aniversarios...e xa de paso degustamos varios biscoitos, coñecemos novos e maravillosos compañeiros/as...

para que poidades comprobalo aquí vos deixamos este video no que resumimos este primeiro trimestre:

Volveremos coas pilas casgadas!

Os xesusitos, Iriños e Natalitos desexámovos BO NADAL !