XA TEMOS 3 ANOS
UN ANIVERSARIO MOI ESPECIAL!!
Ola a todos de novo!
Comezamos o segundo trimestre dun xeito moi especial.
Decidimos celebrar que todos temos xa 3 anos!
E como non, fixémolo cunha festa por todo o alto: cunha tarta de aniversario que elaboramos nós mesmos.
Fixemos un brownie de chocolate!
Fomos ao súper coa lista da compra e, de volta na aula, preparámonos para facer a nosa tarta.
Tanto o proceso como o resultado, aparece nestas fotos onde podedes ver o ben que o pasamos e o moito que desfrutamos con esta actividade, da que aprendemos non só a facer unha tarta, senón que tamén, e moito máis importante, a compartila cos nosos compañeiros.
Deixámosvos tamén unha mostra da receita que elaboramos na aula e que todos levaremos a casa para ensinar, porque... algún papá ou mamá pode animarse a facer este brownie.