Titorías de 4º Infantil - Actividades

Proxecto “Alimentación saudable”

A Coruña
30-03-2020

Qué ben nos alimentamos!

Bo día!

Hoxe gustaríanos compartir con todas as familias o noso proxecto sobre “Alimentación saudable”.

Todo comezou ao inicio do segundo trimestre, coa saída ao supermercado e a realización do biscoito para celebrar o noso aniversario. Como bos cociñeiros e cociñeiras estivemos escollendo, coidando e saboreando varios alimentos…e foi aí cando nos xurdiron algunhas dúbidas! Todos os alimentos son bos para a saúde? Por qué hai algúns que as nosas nais e os nosos pais non nos deixan comer todos os días co ricos que están? Qué lle ocorre ao noso corpo se o facemos?

Para darlle resposta ás nosas preguntas, tivemos a visita dunha profesional da saúde. Con ela aprendemos que alimentos son bos e cales malos; que alimentos podemos comer diariamente e cales non; as consecuencias de non comer de xeito saudable…ou o ben que lle senta ao noso corpo unha boa alimentación!

Con todo o aprendido, os Jesusitos, os Iriños e os Natalitos, decidimos facer o noso propio mural. Xa veredes o ben que nos quedou!

O tema dos alimentos tíñanos tan intrigados que nos puxemos a investigar …sobre a súa orixe! Así, atopámonos con alimentos “naturais”, que proveñen dos animais, das árbores…e con outros que se fan nas fábricas e aos que lle chamamos “elaborados”.  Isto resultounos un poco difícil mais foi toda unha experiencia descubrir de onde sae o leite ou as patacas!

Por se tendes algunha dúbida do moito que traballamos e do ben que o pasamos, neste vídeo deixámosvos as probas!!

Bicos dos Jesusitos, Iriños e Natalitos