UNHA VIAXE MUSICAL ARREDOR DO MUNDO!
Os nenos e nenas do Fogar Infantil visitamos o pasado mércores o Palacio da Ópera para gozar do concerto didáctico "De aquí para alá", de Lydia Botana.
Durante o concerto realizamos unha viaxe musical arredor do mundo; visitamos África, Brasil, Os Balcáns, Australia, Estados Unidos, Cuba, Xamaica... ata chegar a Galicia!
Acompañamos esta fantástica viaxe con percusión corporal e cunha mesma melodía que nos achegou a distintos xéneros musicais como o bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae...
Pasámolo xenial!