Visita ao planetario
VISITA AO PLANETARIO
Os nenos e nenas de 4ª de Educación Infantil visitamos o Planetario o pasado xoves 28 de marzo.
Alí coñecemos a unha nova amiga: unha estrela chamada FUGAZ que nos ensinou moitas cancións e historias sobre os planetas e as estrelas.
Coñecemos o nome de todos os planetas, a súa cor e a súa forma nun mundo totalmente descoñecido para nós.
Aproveitando o bo tempo que ía, fomos ao parque para desfrutar dun ratiño de xogos e diversión todos xuntos.
Cando chegamos á aula quixemos lembrar á nosa amiga FUGAZ. Coloreámola e levámola de recordo para casa.
Esa noite todos soñamos con estrelas !!!