O COIN afirma que a vida é marabillosa, e imos gozar, no cole, no traballo, e na casa!
Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, mirade este vídeo e despois seguide lendo...
Oístes ben!! Este ano tedes a gran honra de inaugurar as...
I FOGARLIMPÍADAS #QUEDA NA CASA
Como nos acaba de contar David, cada dous ou tres días propoñerémosvos un novo reto, un novo deporte que practicar.
Poñédevos a iso con toda a familia e gozade dunhas marabillosas Fogarlimpíadas!!
Se queredes enviarnos un vídeo mostrando as vosas destrezas deportivas, podedes facelo na seguinte dirección de correo (fogarlimpiadas@gmail.com). (Atención!! Todas as familias que envíen os seus vídeos están a dar autorización expresa de imaxe para poder subir estes vídeos ás redes sociais do colexio).
Os datos que debedes poñer ao enviar o vídeo para poder facer referencia ao mesmo son:
Nome do neno ou nena.
Curso no que está.
Nome do pai ou nai/ titor ou titora legal.
Autorización: Eu... autorizo a subida deste vídeo ás redes sociais do colexio CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida.
Atentos aos diferentes vídeos que imos colgando!
Seguídenos a través de Facebook ou da nosa lista de reprodución de Youtube I FOGARLIMPÍADAS #QUEDA NA CASA.
Aquí vola deixamos!